Feira de Quiroga, o outro viño madrugador do Sil

O concello lués de Quroga, que o día 21 de anril acollerá a Cata Transfronteiriza de Aceite de Oliva Virxen Extra convocada pola revista HGg&T, retoma a súa Feira do Viño de Quiroga que se celebrará os días 15, 16 e 17 de abril, á que, cuadraxésima edición, por primeira vez acudirán a esta cita báquica adegueiros profesionais.

Nesta edición postpandémica daranse cita 11 adegueiros da D.O. Ribeira Sacra e unha adega doutra Denominación de Orixe (galega ou española) en calidade de invitada. Nesta nova andaina a organización decidiu que a adega invitada sexa Son de Arrieiro, premio “Vida entre Vides” 2021, da Denominación de Orixe Ribeiro.

“Esta edición será polo tanto unha feira con dúas importantes novidades que pechan unha etapa e abren outra. Unha nova etapa cunha proxección máis aberta e ampla dos viños que saen das uvas dos nosos viñedos e das que cada adega fai un produto exclusivo, pero tamén dando a oportunidade de ver outros viños de fóra da Denominación de Orixe Ribeira Sacra coa invitación cada ano a unha adega doutra denominación”, sinala o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez.

A participación nesta feira estivo aberta ás adegas da subzona Quiroga Bibei, unha das cinco da D.O. Ribeira Sacra e tamén a aquelas outras non están físicamente nesta subcomarca pero si dentro da denominación e que posúen viñedos ou mercan uva na localidade. Segundo o alcalde,

Quiroga é a despensa de uvas para as grandes adegas da denominación, pois os seus viñedos aportan o 50% da produción en Ribeira Sacra.

A Feira do Viño de Quiroga, que será pregoada polo actor Iván Sánchez, ademais da promoción dos viños, ten un importante compoñente cultural, etnográfico e festivo, segundo precisa Julio Álvarez.

Leva parello un concurso de tapas acompañadas por viños de Quiroga e o IV Certamen de Bandas Celtibéricas, no que se darán cita máis de 500 gaitas e preto de 30 bandas para participar no I Encontro da Liga de Gaitas.

Unha singularidade da Feira do Viño de Quiroga, a localidade aceiteira de Galicia por antonomasia, é a a grande afluencia de grupos de mozos e mozas na noite do sábado, que participan no Concurso de Deseño de Camisetas (danse cita unas 7.000 persoas) e a feira tradicional do domingo, máis lúdica e festiva onde se pode mercar dende unha motoserra ata uns embutidos ou un edredón.

E dende logo degustar unha boa ración de polbo á feira mollada cun viño da zona. Boproveito e a gozar…