Dobre cita na capital condal: Alimentaria e Barcelona WineWeek


A Xunta promocionará e potenciará os produtos agroalimentariosgalegos de calidade en dúas citas que se están a celebrar en Barcelona. Así, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria,José Luis Cabarcos, participou este mediodía no arranque da feira Alimentaria, que se desenvolverá deica este xoves 7 de abril, e pola tarde fará o propio na Barcelona WineWeek, que se clausurará o mércores.

No caso de Alimentaria, 24 entidades de sectores como o lácteo ou o cárnico compartirán espazo expositivo coa Axencia Galega da Calidade Alimentaria -dependente da Consellería do Medio Rural-, ao tempo que se organizarán clases maxistrais e degustacións coa colaboracióndos consellos reguladores das distintas denominacións de orixe protexidas (DOP) e indicacións xeográficas protexidas (IXP), así como de coñecidos cociñeiros da comunidade.

Cabe engadir que a Consellería do Mar tamén estará presente no evento cun posto que conta con 460 metros cadrados de superficie de zona expositiva e que alberga a 26 empresas. Mañá pola tarde terá lugar neste espazo a degustación de conservas de peixes e mariscos que se realizará en colaboración con Anfaco-Cecopesca e no marco do convenio que asinan anualmente ambas partes.

Canto ao apartado dedicado ás experiencias de calidade galegas de Alimentaria, ofrecerá degustacións dos nosos queixos con denominación de orixe protexida (Tetilla, Arzúa-Ulloa, Cebreiro e San Simón da Costa), combinados con pezas distinguidas coa IXP Pan Galego ou coa de Pan de Cea. Tamén se poderán probar produtos amparados polas indicacións xeográficas protexidas Pataca de Galicia,xLacón Gallego, Castaña de Galicia, Tarta de Santiago e Mel de Galicia, e produtos certificados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Respectodas clases maxistrais, estarán presentadas polo Consello Regulador das IXP Carne de Vacún de Galicia que, da man de cociñeiros galegos, se encargará de mostrar as posibilidades culinarias que ofrece a IXP Ternera Gallegaou a de Vaca Gallega/Buey Gallego cos Grelos de Galicia, a Faba de Lourenzá ou as Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, tamén con indicación xeográfica protexida. En ambos casos -tanto nas catas como nas clases- contarase ademais coa maridaxe a cargo das denominacións de orixe dos viños Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras. 

No que se refire á , a Consellería do Medio Rural promocionará precisamente os viños das cinco denominacións de orixe galegas, así como as indicacións xeográficas das augardentes e licores tradicionais, isto é, as de Licor Café, Licor de Herbas, Augardente e Augardente de Herbas. Neste caso, compartirán espazo expositivo coa Axencia Galega da Calidade Alimentaria un total de 15 empresas vitivinícolas, mentres no posto institucional se darán a coñecer as marcas premiadas nas Catas de Galicia de 2021.

Sobre as accións complementarias no  marco deste evento que se inaugura esta tarde, está previsto un amplo programa de conferencias, catas, mesas redondas e sesións informativas. Tamén haberá oferta gastronómica, con diversas propostas de maridaxe.