Atisbos dunha boa Semana Santa en Lugo, segundo a APEHL


A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) adianta as previsións de ocupación hostaleira na provincia durante esta Semana Santa. Despois de contactar con diversos establecementos, desde a Apehl observan que é necesario diferenciar tres períodos diferenciados, a fin de semana anterior aos festivos, os propios festivos e a fin de semana seguinte a estes.(ías 8, 9 e 10 de abril), xoves e venres Santo e días 16 e 17 de abril.

Así, as previsión -a expensas das reservas de última hora- son as seguintes: Ribeira Sacra 66 % 87 % 80 %; Lugo cidade 62 % 65 % 60 %; zona centro 50 % 65 % 60 % e A Mariña 61 % 74 % 62 %.

A primeira fin de semana a media de ocupación rondará o 60 %, durante os festivos a media pode chegar ao 73 % e a última fin de semana, ao 66 %.

A Ribeira Sacra é a zona da provincia na que se esperan máis visitantes, superando o 80 % nos días principais. A Mariña é posible que supere o 70 % durante os días festivos e a zona centro, incluída a cidade de Lugo, andará polo 60-65 % de ocupación

A maioría dos visitantes que se agarda que cheguen teñen como orixe o propio territorio nacional, en especial zonas limítrofes como Asturias e León.

A Apehl acolle con positivismo cara a recuperación esta próxima semana e asegura que os prezos se manteñen como viña sendo habitual en temporada alta, sen o incremento relacionado co IPC. Ademais, recoñecen que algúns establecementos de praia permanecerán polo momento pechados.