A nova Lei da Calidede alimentaria garante da excelencia dos produtos galegos


A Xunta impulsa a futura Lei da calidade alimentaria de Galicia para poñer en valor e salvagardar a excelencia e o prestixio dos produtos agroalimentarios da nosa comunidade. Fíxoo no contexto do evento Galicia MarketPlace, organizado polo Círculo de Empresarios de Vigo e no que visitou os diferentes expositores de produtos galegos de calidade certificada, nunha mostra coordinada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

Palabra do conselleiro de Medio Rural Medio Rural na inauguración de Galicia MarketPlace na que estivo acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos.

O obxectivo fundamental desta nova lei será que os produtos alimentarios galegos alcancen unha nova dimensión no mercado, máis competitiva e atractiva para a cidadanía e, en consecuencia, favorecer tamén o desenvolvemento local, a creación de emprego e a diversidade produtiva. A maiores, engadiu o titular de Medio Rural, tamén se buscará recoñecer que todos estes produtos pasaron rigorosos controis de calidade e que estiveron sometidos a un especial coidado no proceso de produción e comercialización.