A Feira do Viño de Amandi volve a Sober por Ramos


Un ntotal de 23 adegas do Concello de Sober participarán na XLII Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar os días 9 e 10 de abril, volvendo así á súa data habitual de sábado e domingo de Ramos.

As adegas participantes nesta edición da feira son A Carqueixa, Algueira, Cividade, Décima, Don Bernardino, Estrella, Finca Cuarta, Guímaro, Gullufre, Lucenza, Marcelino I, Naz, Petrón, Proencia, Rectoral de Amandi, Rectoral de Gundivós, Regina Viarum, Soutelo, Tear, Val da Lenda, Viña Cazoga e Vila Peón.

O certame, declarado de Interese Turístico, será inaugurado por Adega Tear como homenaxe a Manuela Valdés, falecida recentemente, e ao seu marido Nilo Vila, falecido hai xa algúns anos.

Esta edición será adicada ao Concello de Bóveda continuando así cunha homenaxe especial que se fai cada ano a unha localidade da comarca. E o pregón correrá a cargo actor nacido en Sober, Chechu Salgado, quen vén de acadar o Goya ao mellor actor revelación por ‘Las leyes de la frontera’.

Entre as actividades destaca a Cata Oficial, organizada por Vinosacra, cun xurado prprofesional, precata o sábado 9 de abril e cata final o domingo día 10 coa proclamación dos gañadores.

Entregaranse tres primeiros premios para viños tintos da anada de 2021, un premio para viños brancos dese mesma anada e un premio para viños envellecidos en barrica.

Non faltarán as actuacións musicáis e outras actividades que rematarán o domingo cun concerto verbena a cargo da orquestra Los Satélites.