A Deputación renova a alianza co Obradoiro para promocionar A Coruña como destino turístico


A Deputación da Coruña formaliza a renovación do convenio co club de baloncesto Mombus Obradoiro que compite na Liga Endesa e co que a institución provincial se aliou para promocionar a provincia como destino turístico.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso valorou a alianza formada xa que o Monbus Obradoiro "é unha referencia para a mocidade da provincia e de Galicia, un equipo que atesoura valores importantes como a da unión. A unión fai a forza, e a forza dun país é precisamente estar xuntos nos temas importantes. Afrontamos momentos difíciles dentro e fóra da pista, pero facémolo desde a unión", destacou.