XII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos

 


O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, reuniuse co Embaixador representante permanente de Luxemburgo no Consello de Europa, Patrick Engelberg, que preside o Comité Estatutorio do Acordo Parcial Ampliado sobre os Itinerarios Culturais en Europa. 

A reunión enmárcase XII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos, en Santiago de Compostela o vicepresidente primeiro da Xunta, coa presenza de Alfonso Rueda xunto con outras autoridades como o embaixador Engelberg. 

Durante o encontro o director xeral, Jesús Gamallo, destacou o valor histórico e cultural das rutas xacobeas como símbolo da unión dos pobos europeos e salientou que o Camiño de Santiago fose declarado en 1987 primeiro Itinerario Cultural Europeo polo Consello de Europa e en 1993 pola Unesco Patrimonio da Humanidade. 

Outros dos temas tratados foron o de o papel do Consello de Europa ante a guerra de Ucraína, así como a necesidade de que as autoridades rexionais colaboren e se mostren solidarios na acollida de refuxiados.