Visitas guiadas por Monforte no marco do XIV Estase Cocendo


A Ribeira Sacra encóntrase en plena celebración do Estase Cocendo 2022, o mes dedicado a un dos pratos estrela da comarca, o cocido de Entroido.

O programa do evento, organizado pola Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) co patrocinio da Deputación de Lugo, conta con diversas actividades, como son unha quedada de motos para o día 20 de marzo, o Cocido das Meigas para o día 26 de marzo e as visitas guiadas por Monforte todos os sábados do mes.

Precisamente, as próximas visitas, este sábado 19 e o vindeiro sábado 26 de marzo, sairán dos Escolapios ás 11:00 horas e incluirán unha degustación de viño DO Ribeira Sacra.

Para participar nesta actividade é necesaria inscrición previa a través dos teléfonos 982 412 050 e 676 101 649.