Vinagre Albarro con Pemento de Herbón, Gran Oro en Vinavín


O Vinagre Albarro con Pemento de Herbón ven de acadar a máxima puntuación acadando un GRAN ORO na VI edición do concurso internacional Vinavin celebrado en Córdoba, sendo primeira vez que un vinagre galego alcanza a máxima distinción nun concurso internacional. Nesta VI edición do concurso participaron 85 vinagres, concedéronse 4 medallas Gran Oro, 9 medallas Oro e 13 medallas Plata.

Vinagres Do Ribeiro, con Xoan Pablo Lorenzo como alma mater, constituída en 2017 desde unha arraigada tradición familiar vitivinícola, é a única adega de Galicia que elabora vinagres de viño por métodos artesanáis. Nese tempo, os seus vinagres xa están posicionados nas mellores tendas gourmet e restaurantes de Galicia, comercializando tamén en outras zonas do Estado e iniciando a exportación a Alemania e Paises Baixos.

“Vinagres do Ribeiro aposta polo vinagre artesanal cunha nova visión que pon o vinagre no centro, como un produto gourmet e non como mero condimento, e aproveitando un ingrediente de enorme prestixio como é o viño de O Ribeiro. Reivindicamos que a uva ten moitas máis posibilidades que o viño”, sinala dende Beade Xoán Pablo Lorenzo.

Neste concurso internacional de vinagres, organizado por VINAVIN, Asociación Amigos Amantes del Vino y el Vinagre, en colaboración coa Deputación de Córdoba, outro dos vinagres desta firma, Albarro XPI, que tiña acadado Medalla de Ouro nas dúas anteriores edicións. Na presente Albarro, consiguiu nesta edición a Medalla de Plata.

En menos de cinco anos de existencia, Vinagres Do Ribeiro S.L. ven de acadar 4 medallas no único concurso internacional de vinagres, sendo o producto agroalimentario galego máis premiado nos primeiros anos de Existencia.