Traballo en rede e aproveitar as sinerxias da chegada do AVE para potenciar o termalismo


A cooperación entre os diferentes programas sociais nos que participan os balnearios do norte de Portugal e Galicia, para unha concorrencia conxunta e transfronteiriza foi un dos asuntos abordados polo Foro Termal do Eixo Atlántico. Este órgano transfronteirizo, presidido por Manuel Baltar, que acaba de manter a primeira reunión presencial poscovid, aposta por converterse nun instrumento chave na dinamización dos territorios termais da eurorrexión.

Baltar destacou a importancia de aproveitar, de xeito conxunto, “as oportunidades que nos arroxa a era postcovid, centrándonos precisamente nesa crecente preocupación pola saúde en todos os ámbitos da sociedade”. Nesta mesma liña, salientou o impacto positivo que trouxo para o sector a chegada da Alta Velocidade a Ourense, “convertendo a nosa provincia no aeroporto terrestre de Galicia, e debemos lograr que esta situación de conexión ferroviaria privilexiada redunde positivamente, non só no noso territorio, senón tamén no resto de balnearios da Eurorrexión, grazas ao desempeño dun traballo en rede”.

Para elo, engadiu “debemos tratar de crear produtos turísticos termais innovadores e artellar unha promoción conxunta do destino que logre dinamizar a todos os territorios do Eixo” porque "na xestión pública, sumar é multiplicar”.