A Ribeira Sacra encóntrase en plena celebración do Estase Cocendo 2022, o mes dedicado a un dos pratos estrela da comarca, o cocido de Entroido.
O programa do evento, organizado pola Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) co patrocinio da Deputación de Lugo, conta con diversas actividades, como son unha quedada de motos para o día 12 de marzo, o Cocido das Meigas para o día 26 de marzo e as visitas guiadas por Monforte todos os sábados do mes.
Precisamente, a primeira das visitas levarase a cabo este sábado, 5 de marzo, sairá dos Escolapios ás 11:00 horas e incluirá unha degustación de viño DO Ribeira Sacra.
Para participar nesta actividade é necesaria inscrición previa a través dos teléfonos 982 412 050 e 676 101 649.