Ponte de Lima à Mesa


O municipio portugués de Ponte de Lima lanzou o website do proxecto “Ponte de Lima à Mesa” despoñible en www.pontedelimaamesa.pt con motivo do recoñecemento como “Destino Gastronómico do Ano”. Dedicado exclusivamente á gastronomia e aos seus derivados, complementa toda a información recollida no libro “Ponte de Lima à Mesa: contributos para a sua carta gastronómica”, da autoria de Álvaro Campelo.

Considerando que o turismo gastronómico é unha das principáis atracción turísticas, e un factor de desenvolvemento económico e social, o Municipio de Ponte de Lima vólcase nun proxecto de investigación dos recetarios en cada unha das freguesias do concello.

A construción dunha carta gastronómica de Ponte de Lima, onde cada receita surxe debidamente contextualizada no tempo e no espacio, con a elación entre o nome do prato e os ingredientes, as técnicas de culinarias e os procesos de elaboración para dar a coñecer en términos gastronómicos e rescatar pratos outrora comuns que, por razóns diversas cairon no esquecemento é o principal obxectivo do “Ponte de Lima à Mesa.

Atractivo, colorido e dinámico, na páxina inicial atopamos receitas senlleiras e populares. As receitas populares refliten o número de visualizacións, de xeito que cantas, máis visualizacións teña unha determinada receita maior probabilidade terá de constar automaticamente das receitas populares.

As 100 receitas disponibles no website representan todas as freguesias do concello e aparecen distribuídas polas diversas categorías sempre asociadas á fonte –cociñeira/o e a freguesia de orixen– e un vídeo tutorial realizado con 3 xovens Chefs limianos que confecionaron as 100 receitas.