Petote e máis petote este domingo en Cerdedo-Cotobade



A XII Festa do Petote, organizada polo Concello de Cerdedo-Cotobade, vaise celebrar este domingo 20 de marzo, cunha degustación popular na Praza da Chan (Carballedo) e un xantar a base de cocido con petote (bolo de fariña de centeo millo amasado con auga do caldo )en doce restaurantes colaboradores de todo o municipio. A festa foi presentada pola alcade, Jorge Cubela, no mesón ‘Casa Inés’, en Carballedo, acto no que tamén estiveron presentes tamén José Balseiros, director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e unha representación dos distintos establecementos hostaleiros participantes, así como membros da Corporación Municipal.

A xornada festiva arrancará ás 11:30 horas cun pasarrúas cargo da charanga ‘Mekanika Rolling Band’ que servirá de pistoletazo de saída para a degustación popular do petote a partir das 12:30 horas na Praza da Chan, en Carballedo. Os asistentes poderán probar de balde este elemento gastronómico, pero tamén outras pezas tradicionais presentes no cocido como son a cacheira ou o chourizo. No caso en que as condicións meteorolóxicas non sexan as axeitadas, a degustación realizarase debaixo dunha carpa. Como principal novidade, esta edición contará cunha exposición de produtos galegos tradicionais e típicos deste concello como son o mel ou o grelo.

Ademais da degustación popular do petote na Praza da Chan, as persoas interesadas tamén poden facer as súas reservas nos doce establecementos participantes para degustar un menú composto de cocido con petote, postre e bebida a un prezo de 20 euros por persoa.

Os establecementos participantes son: Casa Inés (Carballedo-986 760 003), A de Tucho (Augasantas-670 971 785), Casa Blanco (Rebordelo-645 922 995), A Vosa Taberna (Borela-986 763 126), O Novo Chiringuito (Valongo-680 344 004), Casa Perdiz (Aguasantas-986 696075), Bar Obelix (Tenorio-986 061 000), Café Bar Tenorio (Tenorio-986 764 090), A Casa de Ángel (Tenorio-674 404 506), O Castiñeiro (Pedre-670 434 498), Bar Davi (Quireza-606 774 141) e O Meu Lar (Cerdedo-687 393 141).