Os produtos da colmea e a muller na apicultura

Hai décadas, a visibilidade das mulleres no sector apícola era practicamente nula. A pesar de estar detrás de moitas das labores vencelladas coa colmea, como podía ser a comercialización do mel, a limpeza ou a organización, era a figura masculina a que sobresaía nos traballos dentro do colmear.

Sen embargo, co paso dos anos e a erradicación da crenza de que este só era un sector para homes, a apicultura resultou unha boa forma de empoderar as mulleres nos ámbitos rurais, facilitándolles novas oportunidades de negocio. Algo que, á súa vez, incide positivamente na contorna. Este feito tamén queda constatado no ámbito asociativo, onde a presenza de mulleres en postos de relevancia e liderado comeza a ser máis que significativa.

Un bo exemplo atopámolo na Agrupación Apícola de Galicia, onde contan con tres mulleres formadas e especializadas entre o persoal técnico. Precisamente, unha delas é Ester Ordóñez Dios, veterinaria da agrupación e presidenta do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. Ela será a encargada de acudir este martes, 8 de marzo, ao C.E.P. Mª Brea Segade de Taragoña, Rianxo, onde impartirá unha charla na que os produtos da colmea, as innovacións e o papel da muller no sector apícola serán o núcleo da mesma. O acto terá lugar entre as 12.00 h e as 14.00h.

Dan man da veterinaria da Agrupación Apícola de Galicia, poderán coñecer de cerca o que é a própole, o pole, as características diferenciais do mel, a cera e  os seus múltiples usos. Un destes novos ámbitos onde os produtos da colmea están a ter un gran percorrido é dentro do mundo da beleza e o benestar, por exemplo, a través de Belacolmea, a innovadora liña de apicosmética creada grazas ao grupo de  mulleres que traballan na Agrupacion Apícola.