O `motococido´estase cocendo na Ribeira Sacra

A Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) decide aprazar a celebración da quedada de motos programada no marco do XIV Estase Cocendo para este sábado 12 de marzo por mor das negativas previsións climatolóxicas.

Finalmente, a quedada de motos terá lugar a seguinte fin de semana, concretamente o domingo 20 de marzo.

A outra das actividades que acolle o programa do evento para este sábado, a visita guiada por Monforte, terá lugar con normalidade tal e como estaba anunciada.




A Ribeira Sacra encóntrase en plena celebración do Estase Cocendo 2022, o mes dedicado a un dos pratos estrela da comarca, o cocido de Entroido.O programa do evento, organizado pola Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) co patrocinio da Deputación de Lugo, conta con diversas actividades, como son unha quedada de motos para o día 12 de marzo, o Cocido das Meigas para o día 26 de marzo e as visitas guiadas por Monforte todos os sábados do mes.

Precisamente, a quedada de motos levarase a cabo este sábado a cargo do guía José Castiñeira. Sairá dos Escolapios ás 10:30 horas, fará un percorrido cara a O Courel e Quiroga, localidade onde se comerá un cocido no restaurante Chapakuña 3 (o prezo da comida é de 15 euros), e, xa pola tarde, visitaranse as bodegas centenarias de Vilachá, en A Pobra do Brollón.