Novas adhesións e certificacións do selo pescadeRías


En febreiro adheríronse ao selo pescadeRías, ¿de onde se non? a Peixería Manuela, que conta cun posto no Mercado de Abastos de Porto do Son e Cris Peixes e Mariscos, cun posto no Mercado Municipal de Fisterra.

Adherironse tamén ao selo o Bodegón Pescador, o restaurante O Noso Bar e o restaurante Portofino, os tres na localidade de Portosín, así como o restaurante A Xarda en Porto do Son. Todos eles ofrecen á súa clientela productos de tempada procedentes da pesca artesanal da contorna.

Por outra banda, a empresa Susión e Hijos, S.L. (transformación e distribución de cefalópodos) e as lonxas da Confraría de Pescadores de Portosín (peixes) e de Celeiro (peixes, cefalópodos, crustáceos, equinodermos, antozoos) foron auditadas en febreiro para a súa certificación no selo pescadeRías.

E a depuradora Aurelio Silva Abalo, S.L. (bivalvos), a lonxa da Confraría de A Guarda (cefalópodos, crustáceos, equinodermos e peixe), e a da Confraría de Cedeira (peixe, cefalópodos, crustáceos e bivalvos) superaron auditorías de seguemento no selo.