A Feira do Viño do Ribeiro volverá á Alameda de Ribadavia

A organización da Feira do Viño do Ribeiro (Concello de Ribadavia e CRDO Ribeiro) comunica que a presente edición (que será a 59ª) terá como data de celebración do evento os días 29 e 30 de abril e o día 1 de maio de 2022, volverá ao seu formato de sempre no recinto da Alameda de Ribadavia, e tamén as súas datas de sempre.

Onte tivo lugar a primeira xuntanza con adegas e colleiteiros no Concello de Ribadavia, a quen se lles trasladou o formato, datas e prazos para esta nova edición da Feira do Viño do Ribeiro, así como a apertura do prazo de inscrición para adegas e colleiteiros ata o vindeiro xoves 10 de marzo ás 14.00 h.

A previsión de participación é moi positiva para esta edición, despois de dous anos sen poderse celebrar a causa da pandemia. Así, nin en 2020 nin en 2021 foi posible a celebración da Feira do Viño do Ribeiro de forma presencial e aberta.

Nos vindeiros días daranse a coñecer máis novidades e información sobre o evento, así como o cartel.