A Apehl na audiencia de Felipe VI coa CEHE

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, acudiu esta mañá a unha audiencia coa Súa Maxestade o Rei Felipe VI no Palacio Real de El Pardo como membro do comité executivo da Confederación Empresarial de Hostelería de España (CEHE).

Os membros do comité executivo trasladáronlle ao Rei a situación do sector. Tras dous anos de pandemia e restricións que levaron á hostalería a unha situación complicada, o conxunto da industria hostaleira estaba a concentrar os seus esforzos na recuperación e na construcción dun sector competitivo e con futuro e a situación política, social e económica actual lastra esas esperanzas de recuperación ameazando seriamente a supervivencia de miles de empresas e centos de miles de empregos polo incremento dos custos das materias primas, da enerxía e dos carburantes.

Hostelería de Galicia convoca unha rolda de prensa

Ante a situación que estamos a padecer co incremento dos prezos enerxéticos, dos carburantes e das materias primas, que tanto están a afectar ao sector da hostal ería, José Francisco Real Castro, presidente de Hostelería de Galicia, asociación integrada pol as asociacións provinciais de hostalería da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, convoca unha rolda de prensa que terá lugar mañá venres día 25 de marzo en Santiago de Compostela, ás 11:30 h no Hotel OCA Puerta del Camino