Vigo conta coa aprobación do proxecto do ascensor HALO

 



A Xunta de Goberno aproba o proxecto do ascensor HALO. O Concello recibiu as autorizacións sectoriais “polo que podemos continuar coa aprobación do ascensor HALO, o ascensor urbano máis importante do mundo”, expresou en rolda de prensa Abel Caballero, o alcalde de Vigo.

Cabellero anunciou a aprobación do proxecto do ascensor HALO nunha Xunta de Goberno Extraordinaria logo de recibir os últimos informes sectoriais do Ministerio de Transportes, ADIF e AESA. Dixo que “estamos en condicións de aprobar o proxecto do HALO, o ascensor urbano máis importante do mundo”, afirmou. Tamén avanzou que haberá licitación a final do mes de febreiro cun importe de 12.600.000 euros.

O rexedor puxo de manifesto que o ascensor entre García Barbón e Vía Norte moverá “miles e miles de persoas”.