O sector Mice comeza a reactivarse

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do Encontro Empresarios Católicos. Ano Santo 21-22 que acollerá Santiago de Compostela os vindeiros días 31 de marzo e 1 de abril. Castro fixo fincapé no positivo de que se volvan recuperar congresos e encontros presenciais e, destacando que este tipo de incentivos serven para dar a conocer Galicia como destino turístico aberto e seguro. 

“A celebración deste tipo encontros nunha cidade como Santiago é unha gran noticia que nos fala de recuperación do sector”, explicou Nava Castro. Acompañada polo Arzobispo Julián Barrio, o Obispo Auxiliar Francisco José Prieto e o presidente de la Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla, a directora de Turismo de Galicia destacou a relevancia de que a capital galega acolla encontros coma este, onde se darán cita un bo feixe de empresarios e representates de entidades, empresas e institucións de toda España para abordar o diálogo social e os compromisos empresariais desde o punto de vista da fé católica.

Castro destacou neste sentido “a necesidade de seguir buscando lugares comúns nos que  crear sinerxías entre empresarios solidarios que viven e comparten a súa fe a través da planificación dos seus negocios”, ao tempo que aproveitou a presentación para convidar aos participantes a facer o Camiño de Santiago.