O Mellor da Terra dase cita en Pontevedra


Pontevedra acolle este fin de semana a II Feira de Alimentación de Produtos Naturais, Ecolóxicos e de Proximidade ‘O Mellor da Terra’. Este certame tenta converterse nun escaparate dos pequenos produtores da industria alimentaria e visibilizar e potenciar entre os visitantes unha ampla gama de produtos innovadores, diferenciados e saudables. Estará aberto ao público ata o domingo en horario de 11:00 a 21:00 horas.

O tenente de alcalde, Tino Fernández; a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, e o concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, inauguraron a feira cun percorrido polos 37 expositores instalados na Praza de España.

Entre os expositores destacan firmas como Pepa a Loba cun paté de centola, Xacobleas, O Percebeiro; El Abuelo Lelo, coas súas ostras afumadas; Alicia’s Cake; aceites Embruxo e Cervexas Meiga; marmeladas Nela Gourmet; galletas Burriana, a crema de cacahuete artesá Vainatti, a bica de castaña Amarelante, os cafés Aruba, as croquetas de Mareterra ou os ‘preñados’ de choripán de Antonio e Brais, entre outros-