Pontevedra amosa en Fitur os seus galóns para converterse en Capital Española da Gastronomía e sede do I Campionato Galego de Pinchos e Tapas . Neste senso, a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, e o edil de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, acompañados polas responsables da firma Carta Blanca, Marga Pazos e Elena Vitoria, achegáronse ata o stand da Capital Española da Gastronomía (CEG) en Fitur para manter un encontro co director xeral da CEG, Pedro Palacios, e mailo presidente da Academia da Tapa e do Pintxo, Mikel Martínez.
A xuntanza, na que os representantes destas importantes entidades gastronómicas españolas enxalzaron os valores e consistencia do proxecto que o Concello está a desenvolver a través da marca Pontevedra Capital Gastro, Blanco e Puentes amosaron os galóns e potencialidades que a nosa cidade posúe de cara a converterse en CEG 2023… E en sede do I Campionato Galego de Pinchos e Tapas para cociñeiros.