O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, en que 2022 sexa un ano pleno para a segunda parte deste Xacobeo 21-22, despois de superar xa tódalas expectativas en 2021 grazas a demostrar que , pese á covid, Galicia era un destino seguro. Así a comunidade situouse en 25 puntos por riba da media nacional en canto á recuperación da actividade turística con 3,5 millóns de viaxeiros e 8 millóns de noite, e con case 180.000 Compostelas entregadas fronte ás 140.000 previstas.
Nun encontro con representantes do Clúster Turismo de Galicia incidiu en que o modelo de turismo tranquilo en espazos abertos que buscan os viaxeiros pospandemia converteron á comunidade nun destino de moda o ano pasado e ao Camiño de Santiago nun reclamo turístico neste Ano Santo. Por iso, invitou a camiñar a Galicia de novo neste ano, no que confía que se reactive a chegada de turistas e peregrinos doutros países para mellorar as cifras de 2021 e, sobre todo, consolidar Galicia como un destino de excelencia, rendible, moderno e sustentable.
Alfonso Rueda incidiu en que as cifras e as boas previsións que se están a rexistrar para son froito das medidas adoptadas para contar cun destino seguro e de calidade e cun Camiño seguro. Puxo como exemplos iniciativas pioneiras e de éxito para recuperar a confianza dos viaxeiros como o seguro coronavirus, o bono turístico ou o traballo de promoción a través da campaña Camiña a Galicia.
Tamén aproveitou para agradecer ao sector a súa profesionalidade e implicación para garantir a seguridade nos seus negocios durante a pandemia. Nesta liña, expuxo que a Xunta apoiou a recuperación do turismo galego con máis de 120 millóns de euros, dos que 90 millóns corresponden cos pagos á hostalería a través dos Plans de Rescate da Xunta e máis de 35,7 millóns ás liñas de actuación do plan de choque para o sector turístico para inxectar liquidez aos colectivos do sector máis afectados polo impacto da pandemia.
Neste ano a Xunta continuará a apoiar ao turismo galego con outros 46,6 millóns de euros do Plan Camiña. Ademais, investiranse 85,7 millóns de euros na organización do Xacobeo e seguiranse a adecuar as rutas xacobeas e a ampliar e mellorar a rede pública de albergues no marco do novo Plan Director dos Camiños de Santiago 2022-2027.
Tamén o próximo ano se desenvolverán os Plans de Sustentabilidade Turística Ourense Termal e Mariña Lucense nos que colabora a Xunta e poranse en marcha os proxectos do Plan Litoral e do Plan Enogastronómico con cargo aos fondos europeos.
Por tanto, o vicepresidente primeiro da Xunta resaltou o compromiso da Administración autonómica para reforzar a marca turística Galicia como destino de moda, que responda ás novas necesidades do viaxeiro como se recolle no Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro.