Formoso e Teresa Ribera reuníronse na sede da Deputación da Coruña, onde falaron sobre a "oportunidade de futuro" que a extensión do hidróxeno verde como fonte de enerxía suporá para reducir a factura enerxética das empresas e as familias galegas.
Teresa Ribera, que tamén presentou o PERTE de Enerxías Renovables do Goberno, agradeceu o enorme interese desde o sector en Galicia, que presentou 195 propostas ás distintas liñas lanzadas polo Ministerio, con proxectos vinculados a un investimento superior aos 23.500 millóns, entre eles 35 de hiróxeno renovable, con 700 millóns de euros.