Ano Internacional da Pesca e a Acuicultura Artesanal 2022

O 2022 é o Ano Internacional da Pesca e a Acuicultura Artesanais (AIPAA 2022), declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para recoñecer a millóns de pequenos/as pescadores/as, acuicultores/as e traballadores/as do peixe, que proporcionan alimentos sans e nutritivos a milleiros de millóns de persoas en todo o mundo.

Os obxectivos de celebrar o AIPAA 2022 son dirixir a atención do mundo á función dos pequenos/as produtores artesanais, a erradicación da pobreza e o uso sostible dos recursos naturais. A celebración tamén é unha oportunidade para mellorar o diálogo entre diferentes participantes, fortalecer a asociación dos/as pequenos/as produtores/as entre si e que adquiran visibilidade e sexan escoitados e incluídos na formulación das políticas e na toma de decisións, desde o nivel da comunidade local ata os foros internacionais e mundiais.

O  AIPAA 2022 será un recoñecemento á natureza tan variada da pesca e a acuicultura de pequena escala e aos moi diversos actores que participan nelas, así como á importante contribución que ambas fan á seguridade alimentaria mundial, á nutrición e á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Os obxectivos do  AIPAA 2022 son:

-Aumentar conciencíana mundial sobre a contribución da pesca artesanal e a acuicultura de pequena escala ao desenvolvemento sostible, e máis concretamente en relación coa seguridade alimentaria e a nutrición, a erradicación da pobreza e o uso dos recursos naturais, así como a comprensión das mesmas e a adopción de medidas para apoialas.

-Promover o diálogo e a colaboración entre os pescadores artesanais a pequena escala, os  acuicultores, os traballadores do sector pesqueiro, os gobernos e outros socios crave ao longo da cadea de valor, así como seguir reforzando a súa capacidade para mellorar a sustentabilidade da pesca e a acuicultura e mellorar o seu desenvolvemento social e o seu benestar.