A Xunta alonga as restirccións actuais ata finais de xaneiro


A Xunta alongará as restricións para frear a sexta onda da pandemia polo menos ata que finalice este mes de xaneiro e farao en vista de que, polo de agorao, aínda non se rexistrou unha redución significativa dos casos. Con todo, o Goberno autonómico introducirá unha pequena modificación: as reunións de non conviventes entre as tres e as seis da madrugada, o "toque de non queda" rexerá só nas noites da fin de semana.

O resto das restricións mantéñense. Así, as discotecas e establecementos de lecer nocturno terán que pechar ás tres da mañá e continúa a prohibición de quedar e transitar pola vía pública con non conviventes entre as tres e as seis da madrugada. Tamén será obrigatorio o uso de certificado de vacinación para acceder aos locais de hostalería a calquera hora do día. 

Ademais continúan vixentes para o que queda de xaneiro restricións como os límites de comensais por mesa nos establecementos de hostalería, oito en interiores e dez en exteriores, e o peche das barras. A Xunta prevé, ademais, elaborar un protocolo especial para a época de Entroido, na que en moitas localidades da comunidade autónoma prodúcense importantes concentracións de xente.