Xornada informativa sobre saídas profesionais no sector do mar

Mañá martes, 21 de decembro (10.00 -12.00h), o GALP Golfo Ártabro Sur acollerá na súa sede unha xornada informativa sobre saídas profesionais no sector do mar.

O encontro estará aberto a todas as persoas ou entidades con interese neste temática, ademais de docentes con responsabilidade na orientación do alumnado, ADL ou responsables de inserción laboral

Durante a xornada, o GALP Golfo Ártabro Sur tamén presentará a publicación “Profesións do mar” que acaba de editar e na que inclúe unha completa relación das máis de cincuenta titulacións de ciclo básico, medio, superior, graos, mestrados ou formación complementaria especializada no sector pesqueiro, así como os centros de ensino de toda Galicia onde se imparten.