Xa está no mercado a nova xoia de Vinagres do Ribeiro: o Reserva 2017 semidoce

Despois de 6 anos de traballo silencioso, acaba de sair á venda o vinagre RESERVA 2017 semidoce de Vinagres Do Ribeiro S.L., un total de 150 unidades numeradas en garrafas de cerámica de Alfonso Otero Regal.


Segundo destaca o seu mentor, Xoan Pablo Lorenzo “con él preténdese reivindicar o vinagre de calidade como un producto interesantemente complementario na tradición vitivinícola galega e quere ser a demostración de que en Galicia se poden facer grandes vinagres, só fai falta adicación, tempo, paciencia e creer no producto”.

Aclara Lorenzo Fariña que quenes queiran seguir pensando que o vinagre é un viño estropeado, "poden seguir exercendo ese direito á liberdade de pensar, e terán moito onde escoller. Simplemente un consello: lean a letra pequeña. Tamén poden seguir exercendo a súa liberdade quenes prefiran unha vinagreta de cítricos, que en pulcritude lingüística deberían chamarlle citraneta”.

Ao respeito dester viangres de calidade escribía Guillermo Campos na última edición a revista HGg&T: “Xoán Pablo Lorenzo fixo da elaboración de vinagres a base de viño do seu país, unha teima pola peculiaridade autóctona, un compromiso coa cociña con firma a través da manufactura solvente, cun obxectivo firme: que a cesta da compra galega dispoña, xunto ás súas outras xoias gastronómicas, un vinagre delicatessen. Unha forma de interpretar a tradición, a sostibilidade, de apego á terra.

E consígueo desde unha modesta instalación na aldea de Beade, no corazón de O Ribeiro do Avia. Non acelera a transformación dun viño mediocre ou descartado para a degustación directa, en vinagre, nin moito menos. Elabora viño base en O Ribeiro, coa exclusiva finalidade de obter vinagre a partir desa

materia prima seleccionada, que comercializa en botelliñas de 200 ml coa marca Albarro en tres niveis de intensidade acética, que diferencia co acrónimo do seu patronímico máis unha, dúas ou tres estrelas segundo grado de acetificación natural alcanzado”.