O TSXG desestima a legalización do salón de eventos de Casal de Armán


O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de emitir unha sentenza na que desestima un recurso da empresa ribadaviense Casal de Armán SL contra a negativa da Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura a legalizar unha estructura destinada a salón de enventos a carón da adega e da casa de turismo rural e tamén da igrexa e reitoral de Santo André de Campo Redondo.

Tras a negativa da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta a legalizar o salón de eventos, a empresa presentou un recurso contencioso-administrativo ante o TSXG que vén de resolver nunha sentenza con data do pasado 24 de setembro feita pública nos últimos días.

No seu momento, a Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura resolveu a “demolición” da construción polo seu “tremendo impacto” e agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeita os argumentos da empresa de que o que edificou sexa desmontable ou temporal e incide seu “evidente impacto".

De xeito paralelo ao proceso xudicial, en 2019 Bodegas Casal de Armán SL iniciou a tramitación dun plan urbanístico para ampliar as súas instalacións sobre solo rústico e, entre outras cuestións, construír un “novo restaurante de eventos” que viría substituír noutro emprazamento ao declarado ilegalizable.

A a familia do conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez (que ata 2018 foi socio de Bodegas Casal de Armán SL), edificouen 2015, sen permisos municipis a da Xunta -segundo publican algúns medios de comunicación- consolidou un salón de eventos xunta á casa de turismo rural e da adega, a escasa distancia  da igrexa de Santo André de Campo Redondo e a 20 metros da súa antiga reitoral, agora convertida en Museo do Viño de Galicia.