Mércores arraca a I Mostra de Calidade Alimentaria



O vindeiro mércores, día 15 de decembro, ás 11,30 horas, arrancará no Pazo Quián, en Sergude (Boqueixón) a I Mostra de Calidade Alimentaria, organizada pola Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, nun acto que estará presidido polo xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo.

Neste marco presentarase a nova campaña institucional do Goberno galego para promocionar a excelencia alimentaria galega, xunto ao mercado dixital oficial no que produtores poderán vender estas producións, establecendo contacto eles mesmos co consumidor. Ademais, no exterior do Pazo de Quián estará presente unha “gastroneta” da Axencia Galega da Calidade Alimentaria que ofrecerá os asistentes unha mostra da calidade alimentaria galega, presentada nunha caixa con diversos produtos da despensa da nosa comunidade.

Por outra banda, esta I Mostra acollerá a entrega dos xa coñecidos premios Exceleite, que supoñen un recoñecemento ás explotacións galegas senlleiras de vacún de leite e avalan a excelencia hixiénico-sanitaria dos produtores de leite cru de vaca, así como os das Catas de Queixos e Meles de Galicia 2021, que galardoan ós mellores queixos e meles, entre outras accións. Este evento desenvolverase ata o venres 17 en horario de mañá e tarde.