Lugo rondou o 80% de ocupación na ponte de decembro


A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na provincia durante esta ponte festiva, na que se alcanzou unha media dun 62,5 % de ocupación.

Os datos, que consideran as pernoctacións de venres, sábado, domingo, lunes, martes e mércores, deixan ver como os días nos que máis ocupación houbo foron os referentes á fin de semana: sábado, 83 %, e domingo, 80 %. O venres rexistrouse unha media de 64 %; o luns, de 63 %; o martes, do 46 %, e o mércores, dun 39 %.

A Mariña foi a área da provincia con máis visitantes, cunha media do 67 % de ocupación entre os seis días, pero que chegou ao 80 % o sábado e ao 82 % o domingo. A zona centro de Lugo logrou o 62 % de media (sábado, 85 %, e domingo, 72 %) e a Ribeira Sacra estivo polo 59 % (sábado e domingo, 85 % e 86 %, respectivamente).

Segundo a Apehl, os festivos máis favorables deste ano foron o sábado e o domingo, pois o luns e o martes xa se volveu a notar a caída nas cifras. Ademais, os visitantes foron maioritariamente de orixe nacional.