Gran Alanís e Pousa e Queiman poñen o broche de ouro ao ciclo Cata a Arte


Bodega Alanís puxo broche de ouro con seu viño branco Gran Alanís 2020 da man do seu enólogo, Antonio Muñoz, na última sesión da sétima edición do ciclo “Cata a Arte”. Nesta ocasión, o viño estivo acompañado pola incrible voz da cantante Andrea Pousa e a chamativa forma de facer a presentación e cata do viño Gran Alanís da man do Bruxo Queiman, así como de bocados gastronómicos que harmonizaron á perfección.

O evento tivo lugar o primeiro andar do Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, lugar onde está situada a mostra “Tarecos” de Alejandro Caporale, que se inaugura hoxe, unha serie fotográfica con obxectos atopados e ensamblados, o que os converte nunha revisión persoal do artista.

Nesta sétima edición continuouse coas catas solidarias, solicitando que cada asistente colabore cun donativo dirixido integramente para a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR), unha organización sen ánimo de lucro con 26 anos de traxectoria mellorando a calidade de vida dos seus usuarios e apoiando a coidadores e familiares.