El Boni, gañador por partida dobre do XVIConcurso de Tapas de Lugo


Os seguidores da décimo sexta edición do Concurso de Tapas de Lugo decidiron que a vitoria fose para a tapa “O segredo da Maruxaina”, presentada por El Boni. Tamén se fixo pública a decisión do xurado técnico, formado por Ana Isabel Fernández Escudero, Pablo Fernández Caridad, Ricardo Fernández Guerra e Ramón Rodríguez Méndez.O primeiro premio foi tamén para El Boni, pola tapa “O segredo da Maruxaina”; o segundo premio concedéuselle ao Paprica, por “Mini de bacon con queixo”; o terceiro premio, á Pulpería O Castelo, por “Coulant de polbo á galega”; a mellor maridaxe con Estrella Galicia conseguiuna El Dotmas Bar, con “#La Canalla”, e a mellor maridaxe con D.O. Ribeira Sacra, foi para Restaurante España, con “Picaña de vaca Rossini”.

Así o anunciou a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) nun acto que tivo lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo e no que estiveron presentes o presidente da Apehl, Cheché Real, e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López.

Real destacou a numerosa participación e boa acollida que houbo a pesar das limitacións que segue habendo: “Sempre respetando as medidas de seguridade, foron 37.000 as tapas vendidas durante os quince días de duración do certame, coas que se alcanzou un volumen de negocio duns 205.000 euros, superando o do último ano”.