Cursos na canle de Youtube do CRAEGA hoxe e mañá


Varios produtores falarán da súa experiencia traballando  nos  sectores  da  carne  e  silvícola,  da  realidade  de  sacar  estas producións adiante así como da comercialización.  Tamén abordarase a normativo europea, a estratexia da Comisión Europea, e a situación actual e futura da agricultura ecolóxica.

Será este 27 e 28 de decembro de 2021, repartidas en dúas horas por día e emitidas en directo na canle de Youtube do CRAEGA - Por  cuestións  sanitarias  escolleuse  a  celebración  online  dunha  cita  que  en anteriores ocasións celebrábase presencialmente.  

O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia centrarase nestas dúas producións para dar a coñecer ao consumidor final e tamén aos  profesionais  as  características  concretas  delas,  pero  para  poder  confrontar  modelos  de fóra  de  Galicia.  A  cita  será  dinámica,  falará  cada  relator  convidado  individualmente  un  a continuación do outro, deixando os últimos 10 minutos para preguntas dos espectadores.  

 Promovida  polo  Consello  Regulador  da  Agricultura  Ecolóxica  de  Galicia  os  seis  convidados abranguen  tódolos  aspectos  de  interese:  lexislación  europea,  consultoría  agroalimentaria, distribución e experiencias de traballo en cooperativas e empresas. Estes son os participantes segundo a xornada: 

 XORNADA  27 DECEMBRO 

Diego Canga Fano , coñecedor das institucións europeas nas que traballa dende principios do anos 90, analizará o Plan de Acción para a Produción Ecolóxica así como a Estratexia da Granxa á Mesa (“Farm  to  Fork” en inglés) que quere ampliar a superficie dedicada a cultivos ecolóxicos de aquí a 2030, ambos plans da Comisión Europea. É Conselleiro principal da Comisión Europea na Dirección Xeral de Agricultura e Medio Rural.  

Jon Garai amosará o exemplo da produción e comercialización no seu territorio. Coordina a Asociación Ekoalde Elkartea, agrupación de produtores ecolóxicos de Navarra de todo tipo de produtos. Os  seus  asociados  obteñen  un  prezo  xusto  pola  venda  aos  clientes,  aos  que  chegan  coa distribución e loxística que se fai dende Noáin. 

Isabel Gómez Rodríguez ,  Xerente  de  Traloagro  S.L.,  contará  a  súa  experiencia  nesta  empresa  familiar  que  produce carne  de  vacún  e  polo  en  ecolóxico,  e  que  vende  dende  a  sala  de  despece  e  tenda-supermercado de Friol, así como dende a Praza de Abastos en Lugo. 

 

XORNADA  28 DE DECEMBRO 

 Jean Luc Bellat falará do funcionamento en Francia do mercado da castaña, escaso en canto a produción pero  cunha  venda  dinámica  e  de  gran  volume.  Consultor  en  JLB  Consulting  no  ámbito agroalimentario,  especialista  no  mundo  da  castaña  e  xerente  en  Decorin  Sàrl,  traballa  en diferentes países pero cunha produción da castaña centrada no mercado francés. 

 Rubén Fernández é o conselleiro delegado da empresa familiar fonsagradina Casa Castelao S.L. Fundada en 1999 está especializada na produción de porco celta e ecolóxico así como de carnes e derivados como  xamón,  lacón  e  chourizos.  A  firma  traballa  non  só  o  mercado  español  senón  tamén  o estranxeiro. O empresario contará de primeira man a súa experiencia e visión do sector porcino ecolóxico.  

Maite Bruzos é a responsable de Calidade en  Pazo de Lusío  S.L.,  empresa  apícola familiar (Meles Anta) con orixe en Samos, explicará como evolucionou esta firma, cales son as dificultades da produción e  como  están  a  vender  en  diferentes  mercado  dende  Bóveda  (Lugo).  Alí  realizan  todo  o proceso traballando un mel ecolóxico recollido en diferentes concellos de montaña.