Comezan as catas dos queixos e meles de Galicia



O hotel compostelán Quinta da Auga a XX acolle desde hoxe a Cata dos Melesde Galicia e a XXIV Cata dos Queixos. Este eventoa groalimentario está organizado pola Agacal en colaboración cos diferentes consellos reguladores da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia e das catro denominacións queixeiras de Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro.

Nas catas competen, entre hoxe e o vindeiro venres, un total de 30 queixerías pertencentes ás catro denominacións de orixe protexida con 51 mostras distribuídas entre a DOP Queixo Tetilla, DOP Arzúa-Ulloa e a categoría Arzúa-Ulloa curado, DOP San Simón da Costa e DOP Cebreiro nas categorías fresco e curado.

No que atinxe aos meles, concursan 25 industrias, que inscribiron un total de 43 meles nas categorías de monoflorais, multiflorais e mel de bosque.Esta última categoría estréase este ano na cata oficial, tras a modificación do prego de condicións da Indicación Xeográfica Protexida no pasado ano. O seu espectro polínico correspóndese coas plantas características da vexetación galega, destacando a presenza do castiñeiro, assilveiras, os toxos ou as xestas.