Colección “elPulpo Peregrino” de José A. Touriñán para impulsar o Camiño de Santiago

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou o convenio de colaboración co representante da marca, José A. Touriñán para a promoción do Xacobeo a través da posta en marcha da colección “elPulpo Peregrino” que sairá á venta o 1 de marzo de 2022 e estará dispoñible ata agotar existencias.

Alfonso Rueda destacou a relevancia de que empresas galegas apoien iniciativas com esta, coa posta en marcha de novos proxectos ás portas do segundo ano Xacobeo. “ O Xacobeo foi, é e será o gran escaparate de Galicia para o mundo. Estamos a falar dunha oportunidade histórica para axudar a reactivar o sector turístico e a economía galega.” indicou o vicepresidente primeiro.

A marca galega sacará a colección “elPulpo Peregrino” que se comercializará na web www.elpulpo.es, nos puntos de vente que teñen en El Corte Ingle´s e nas tendas multimarcas onde está presente esta firma., cedendo o 10% dos beneficios doados para a mellora da sinalética do Camiño de Santiago en varios tramos.

O vicepresidente primeiro lembrou a colabroación de galegos como Carlos Núñez, Xoel López coa BSO da campaña “ Camiña a Galicia”, os instagrammers Gala González, Martiño Rivas, Xurxo Carreño e Cristina Cerqueiras, que fixeron un tramo do Camiño subiendolo ás súas redes sociais e xerando mile de likes, comentarios e reproduciones de vídeos co hastag # GaliciaDestinoSeguro.

“Galegos traballando por e para Galicia co obxectivo de promocionar e impulsar o Camiño de Santiago, tanto no 2022 como no 2023 co obxectivo de vincular ao sector da moda ao Xacobeo. Polo que sigamos traballando nesta senda, xuntos por e para Galicia.”, rematou Alfonso Rueda.