Balance anual da D.O. Ribeira Sacra


No 2019 a D.O. Ribeira Sacra pechaba o mellor ano da súa historia despois de obter a calificación de Excelente para a colleita 2018, acoller a Asemblea de CECRV e nesa última vendim aprecovid recollíanse 7.262.831 quilos de uva de excelente calidad.“ Un ano no que se creceu en quilos, a calidade da uva foi excelente, onde se creceu en prezo e demostrouse a estabilidadedun sector que ano a ano vai medrando e que marca un camiño firme, de expansión, que nos fai ver un futuro prometedor”, sinalaba o Presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez.

Dous meses e uns días despois comezaba a pandemia do coronavirus, cancelábanse todas as actividades promocionais e iniciábanse as limitacións na hostalería e restauración. O 2020 foi o ano de adaptación á nova situación, que se mantería neste 2021.

A D.O. Ribeira Sacra comezaba o ano con catas online xa iniciadas semanas antes coa campaña Ribeira Sacra. O viño deste Nadal. A actividade, guiada por Mercedes González Rodríguez, contou con moi boa aceptación por parte do consumidor. Abríase unha nova de forma de contacto cos consumidores e persoas interesadas no mundo do viño. A iniciativa repetiríase para a celebración de San Valentín.

Destacaron este ano as puntuaciónsobtidas polos viños da D.O. Ribeira Sacra na Guía Peñín despois de que participaran das catas cerca de 100 viños de diferentes adegas, variedades, tipose añadas entre o 2011 e o 2020. Moitos alcanzaron calificacións superiores a 90 puntos, mostrando así a boa evolución dos viños da Denominación de Orixe. 

Así a cata “El Sabor de un Paisaje”ofrecida pola enóloga, Isabel Mijares, abriu a XXI edición do Salón dos MelloresViños de España e o 2021 tamén deu a posibilidade de recuperar a participación noutras feiras comoXantar.

Na Cata dos Viños de Galicia, por segundo ano consecutivo un tinto de D.O. Ribeira Sacra o viño Prómine Singular de AdegasPetrón S.L. de Sober - Subzona de Amandi conseguiu o galardón ao Mellor Viño Tinto de Galicia.

Outros tres viños da D.O. Ribeira Sacra foron galardoados: Acio de Ouro tinto, na categoría de D.O. Ribeira Sacra;  Acio de Ouro branco, Almalarga na categoría deViños de Elaboracións con Madeira Acio de Bronce tinto, Don Bernardino Finca Mezquita nesta última categorí.

Tamén a medidados do verán coñecíanse os resultados dunha nova edición doMondial des Vins Extremes 2021que se celebrano Val de Aosta (Italia). A D.O. Ribeira Sacra presentou este ano 53 mostras, 44 de tintos e 9 de brancos, pertencentes a 27 adegas. Os bos resultados que a D.O. Ribeira Sacra obtén sempre en Aosta son un trampolín internacional para os seusviños e convertéronanun dos referentes mundiaismáis importantes dentro da viticultura de montaña ou viticultura heroica.