O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña volverá celebrar unha nova edición das xornadas gastronómicas Lacónicas do Lacón con Grelos durante o Entroido de 2022. Esta edición será a sétima e celebrarase entre o 10 de febreiro e o 6 de marzo de 2022.
O prazo para que os establecementos poidan inscribirse remata o 23 de decembro ás 14h. Nelas poderán participar aqueles establecementos de hostalería da cidade que pola súa traxectoria e proposta gastronómica encaixen na temática das xornadas.
Para participar será preciso facer unha proposta de menú tradicional de lacoada elaborada principalmente con produtos galegos e cun menú que comprenda entre os 15 e os 30 euros.
A participación dos establecementos será de balde e aberta a un máximo de 30 establecementos. As solicitudes serán aceptadas por orde de chegada ao email xornadaslaconicas@gmail.com. As bases de participación están dispoñibles na web turismocoruna.com.
Hostalería polo clima
En consonancia coa Política de Sustentabilidade do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña e a norma UNE-ISO 20121 para a xestión sustentable de eventos, os establecementos participantes nas xornadas que o desexen poden sumarse ao proxecto Hostelería por el Clima, que conta coa colaboración de Coca Cola, a Fundación ECODES e Hostelería de España, e promove a acción contra o cambio climático no sector hostaleiro.