A Deputación de Pontevedra leva investidos 68,3 millóns de euros na comarca de Pontevedra



A Deputación de Pontevedra investiu 68,3 millóns de euros resume na comarca de Pontevedfra a aposta da Deputación pola área de Pontevedra durante os últimos 6 anos, segundo espuxo a presidenta Carmela Silva durante un almorzo informativo celebrado no restaurante O Peorao de Combarro (Poio).

Segundo a presidenta, trátase do "maior investimento realizado na comarca e en cada un dos concellos garantindo que a cidadanía, viva onde viva, poida ter asegurados os seus dereitos e servizos".

O impulso, garantiu, continuará durante o ano próximo gracias á aprobación do Plan Concellos bianual e á convocatoria do plan extraordinario de obras Reacciona Pontevedra (ReacPon) que, en total, vai significar a chegada doutros 11,6 millóns de euros á area pontevedresa.

"Esta Deputación, destacou Silva, aposta por destinar recursos á transformación dixital, á cohesión territorial e social e a fomentar a transición ecolóxica na provincia de Pontevedra cara un novo modelo de economía. Síntome orgullosa de que esta provincia sexa unha referencia ao destinar o 35% do seu orzamento a transferir recursos aos concellos, dobrando a media do Estado, que queda no 18%".

A presidenta puxo énfase no impacto dos plans extraordinarios aprobados ao longo destes últimos seis anos, todos eles adxudicados en concorrencia competitiva e que supuxeron un impacto acumulado de preto de 8 millóns de euros. Destacou as achegas de máis de 2 millóns de euros en fondos europeos para iluminación sostible e proxectos de mobilidade sostible que chegaron a todos e cada un dos concellos desta comarca.

O plan DepoRemse, pensado para a seguridade viaria en espazos públicos municipais achegou aos concellos da comarca máis de 1,6 millóns de euros. En paralelo desenvolvéronse o Plan de Reequilibrio e o plan Ágora, que ten como obxectivo recuperar para as persoas o 50% do espazo que ocupan os vehículos.

A área de Turismo fixo posible con 884.582 euros o impulso do festival PortAmérica, que forma parte do selo Rías Baixas Film Fest. Tamén se avanzou na escavación, estudo e promoción do xacemento de Castrolandín (Cuntis) e ocupouse de promocionar o patrimonio desta comarca. Ademais garantiu o funcionamento de 8 oficinas da rede de información turística Rías Baixas.

Dende Transición Ecolóxica investíronse 362.317 euros para subvencionar ao sector primario con axudas á Confraría de Pesca San Gregorio de Raxó e as cooperativas Viña Moraima e Almirante (de Barro e Portas). Tamén se fixo posible a creación de ata 5 parques forestais nos concellos de Poio, Barro, A Lama, Ponte Caldelas e Cerdedo-Cotobade.