Turismo da Coruña organizou unha viaxe de familiarización con axentes de viaxe e de Turismo MICE


O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, en colaboración coa Asociación Galega de Axencias de Viaxe (AGAVI) e o A Coruña Convention Bureau organizaron esta fin de semana O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, en colaboración coa Asociación Galega de Axencias de Viaxe (AGAVI) e o A Coruña Convention Bureau organizaron esta fin de semana unha viaxe de familiarización con axentes de viaxe e de Turismo MICE provintes de Madrid para que coñeceran de primeira man os encantos e instalacións da cidade da Coruña.

Entre as axencias convidadas que visitan a cidade herculina atópanse AMEX GBT Spain, Nuba, Pangea, Time4u, Grupo B Travel Group, Halcón Viajes, Nau Turismo, Viajes Sakkara, minube.com, Lastminute, Destinia e Amadeus.

Durante os tres días que dura a visita, os asistentes puideron coñecer hoteis e restaurantes da cidade, así como visitar o spa de Termaria - Casa da Auga, o Estadio de Riazor, o Monte de San Pedro, o Aquarium Finisterrae, o Mundo Estrella Galicia ou o Pazo de Vilaboa. Ademais, gozaron de visitas teatralizadas durante estes días ao Mercado da Praza de Lugo, Casa Museo Picasso, Cemiterio de Santo Amaro e Cidade Vella ou dunha acción de limpeza da praia do Orzán con We Sustainability.Este fam trip enmárcase dentro da estratexia de Turismo da Coruña de impulsar as escapadas á cidade da man das axencias de viaxe e de proxectar o turismo de reunións, congresos, eventos e incentivos (Turismo MICE). Ademais, para a viaxe contouse coa colaboración do Mundo Estrella Galicia, do Real Club Deportivo e de Termaria. provintes de Madrid para que coñeceran de primeira man os encantos e instalacións da cidade da Coruña.