Turismo da Coruña Participa na World Travel Market


O Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña está presente nunha nova edición da World Travel Market 2021 que se celebra ata o mércores 3 de novembro no ExCel de Londres (Reino Unido). Trátase da primeira edición presencial tras a pandemia da Covid-19 e a ela acudiu o xerente do Consorcio Moisés Jorge Naranjo.

Nesta ocasión, Turismo da Coruña volve participar cun expositor propio e mantén na feira británica citas con operadores turísitcos e liñas aéreas británicas co fin de promover a cidade coma destino turístico, facendo especial fincapé no Camiño Inglés e na oferta patrimonial, cultural e gastronómica da cidade.

A dirección da World Travel Market 2021 prevé a asistencia de 51.000 profesionais do sector turístico internacional desta edición e será o inicio da recuperación da nova normalidade turística internacional.

Esta feira de turismo é unha das máis importantes do mundo xunto á ITB Berlín e Fitur Madrid, onde se toma o pulso da situación do turismo internacional e onde se posibilita o contacto cos principais axentes de turismo británicos e doutros países emisores europeos.