Tapas que arrecenden en Lugo


A concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Lugo e vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, xunto ao delegado de Estrella Galicia en Lugo, Pedro Gay, inauguraron en El Boni a décimo sexta edición do Concurso de Tapas de Lugo, que comeza hoxe ata o 21 de novembro. A final terá lugar a fin de semana seguinte, 26, 27 e 28 de novembro.

Un ano máis, o certame está organizando pola Apehl, co patrocinio do Concello de Lugo e coa colaboración do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e de Estrella Galicia.

Durante o acto, o cociñeiro de El Boni, José Luis Pardo, explicou a tapa que presentará este ano aos seus comensais, O segredo da Maruxaina, un espeto de lagostinos cociñados en salsa laksa de mexillóns acompañado de pan naan, que é homenaxe a todos os mariñeiros lucenses.