Revisión da micoloxía, un cuarto de século despóis de Antonio Odriozola

A progresión da Micoloxía, súa popularización e a investigación que paralelamente orixinou importantes avances científicos ao longo do último cuarto de século , será abordada esta semana entrante en Pontevedra mediante un ciclo de dúas xornadas,  cun plantexamento inédito por iniciativa de  Amigos de Antonio Odriozola, invocación aulística a través da que a Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (AGAXET) desenvolve seu vector divulgativo, nesta ocasión coa aportación aos contidos de Hifas da Terra, e a colaboración do Liceo Casino de Pontevedra, en cuxas intalacións se desenvolverá o curso os días 3 e 4 de novembro.

“Vintesete anos despóis da desaparición de Antonio Odriozola, o polígrafo que animou a creación desde cursos no Centro Foresal de Lourizán, consideramos que é un bo intre para contar qué se está facendo en Micoloxía na nosa cidade e noutras partes do mundo”  xustifica Paco Magán  -un dos profesionais clave daquela iniciativa que agromou polos anos setenta- como no impulso do avangardista proxecto dirixido pola súa filla, Catalina Fernández de Ana Portela.

 Así, na primeira lección se responderá a pregunta “¿Qué temos de novo en Micoloxía en Pontevedra?: Hifas da Terra, unha empresa adicada a Micoloxía”. Catalina Fernánde de Ana é bióloga e directora e creadora da empresa ubicada en Portamuiños (na pontevedresa parroquia de Bora). Esa xornada inicial do martes -o curso comezará o dous  días as 20 horas, entrada libre ata cubrir aforo- completarase cunha charla  sobre “os cogumelos dos piñeirais galegos e súa importancia na silvicultura”, encomendada ao  director de Investigación de Hifas da Terra S.L. Dr. Esteban Sinde Stompel.

Francisco J. Fernández de Ana Magán, doutor en patoloxía forestal e ex investigador  do citado Centro Forestal e de Hifas da Terra, aportará  “unha revisión histórica do emprego dos cogumelos na saude humana”. Na segunda conferencia volverá o citado doutor  e director do departamento de I+D de Hifas, Esteban Sinde, para descubrirnos  “os novos sistemas de producción de cogumelos medicinais”.

Para o  xoves día 4, o programa prevé a presentación da obra “Os cogomelos do Caurel” de Antonio Rigueiro, outro recoñecido membro daquel  equipo impusor da Micoloxía desde Lourizán. O autor, director do departamento de Producción Vexetal e Proxectos de Enxeñeiría da USC, é membro de número da Academia Galega de Ciencias. Para a lección de clausura do ciclo volve Catalina Fernández de Ana Portela,  coas últimas novidades sobre  “cogumelos como nutraceuticos e súa aportación a saude humana”.

“Parécenos unha revisión interesantísima a posta ao día, o antes e agora da relación desde, e entre Galicia e os cogumelos, complementarias pero irreconocible un cuarto de século despois, isto e, entre o arranque da popularización no tercio final do século pasado, que simbolizamos en Antonio Odriozola, e  o estadio científico-medicinal acadado nestes últimos tempos pola segunda xeneración”, subraiou o presidente da AGAXET, Guillermo Campos, para quen “acoller esta iniciativa, bríndanos unha reanudación brillante,  tras a pandemia, das actividades da Aula e as propias externas da asociación cunha temática  doblemente oportuna, nada allea aos nosos fins de divulgación gastro-turística, socialmente útil e que, outravolta, subraia o protagonismo de Pontevedra na avangarda do coñecemento”.