Proxecto para converter Paria América nunha `praia intelixente´


A Deputación de Pontevedra vai acometer o proxecto piloto de "praia intelixente" que se vai desenvolver en Nigrán no marco do programa "Tourist Inside", financiado pola UE. Cunha dotación de 300.000 euros converterá a praia América nun espazo sostible, con redución da pegada de carbono e que aposta pola calidade na atención ao turista.

Unha das medidas concretas que inclúe é unha aplicación móbil que, entre outras cousas, ofrecerá información online sobre tempo real de desprazamento en función do tráfico ou a ocupación das zonas de aparcamento.

Por outra banda, a presidenta Carmela Silva, destacou o crecente número de empresas con selo de calidade turística SICTED e lembrou que a provincia de Pontevedra xa é líder de España en número de certificados.