Manuel Baltar participa na primeira viaxe en probas da alta velocidade


Manuel Baltar expresou a súa satisfacción por participar nunha viaxe que "nos deixa máis preto de todo e que lle outorga maior competitividade e novas oportunidades ao noso territorio, ás nosas empresas e á veciñanza, ademais de converternos nun punto estratéxico da alta velocidade a Galicia". Esta é "unha grandísima nova que mesmo fai que cobren protagonismo os versos que Manuel Curros Enríquez escribiu en marzo de 1881 para festexar a chegada a Ourense da primeira locomotora", apuntou, "unha gran nova pola que tanto tempo se leva traballado e un proxecto longamente demandado pola sociedade ourensá, e tamén en toda Galicia", recoñecendo ademais o labor desenvolvido nestas case dúas décadas polo ADIF.

O presidente provincial incidiu na definición que vén de facer no relativo á chegada do AVE a Ourense, "que se convirte na porta de entrada da alta velocidade ferroviaria a Galicia O presidente da Deputación, Manuel Baltar, afirmou que "a chegada do AVE a Ourense é unha data histórica para a provincia, na que transformamos as distancias en tempo e competitividade". Manuel Baltar participou hoxe na primeira viaxe en probas do AVE que partiu da estación Clara Campo Amor de Madrid ás 8.45 da mañá e chegou á estación ourensá pouco antes das 11.00 horas, o que supuxo na práctica a inauguración do novo tramo de alta velocidade entre Pedralba de la Pradería e Ourense, de 119 quilómetros de lonxitude. 

Un percorrido no que o presidente provincial acompañou á ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, e ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, á súa vez acompañados polo presidente de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco.e nun auténtico aeroporto terrestre, que nos sitúa a dúas horas e quince minutos dunha das capitais máis importantes de Europa e, por conectividade e posibilidades, con múltiples destinos en todo o mundo".

Este novo paso na comunicación de altas prestacións coa meseta e co resto de España, sinalou Manuel Baltar, terá o seu segundo fito histórico o próximo 20 de decembro, cando principien as viaxes comerciais e a cidadanía poida comprobar as vantaxes que supón este tipo de transporte e os seus tempos, en particular para converternos nun destino atractivo para os visitantes, obxectivo no que vimos de traballar hai tempo desde o goberno provincial".