Éxito de público e papeo no Festival Gastronómico Mestizaxes de Pontevedra


O primeiro Festival Gastronómico Mestizaxes celebrado en Pontevedra serviu un total de 15.250 tapas entre os máis de 10.000 visitantes que se achegaron este último fin de semana ata a carpa instalada na Praza de España, segundo información facilitada polo Concello de Pontevedra.

Yoya Blanco, concelleira de Promoción Económica e Turismo, destacou que"o éxito desta iniciativa foi tal que algúns dos restaurantes quedaron sen tapas varias veces e algún mesmo se viu na obriga de pechar o domingo pola noite ante a imposibilidade de elaborar máis".