En marcha a décimo sexta edición do Concurso de Tapas de Lugo


O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, acompañado da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; da concelleira de Cultura e Turismo e vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, e do deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera, presentou no Centro Cultural Vello Cárcere a décimo sexta edición do Concurso de Tapas de Lugo.

O certame está organizado pola Apehl co patrocinio do Concello de Lugo e coa colaboración de Estrella Galicia e do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, así tamén estaba presente no acto en representación deste Consello, Marta Villén. 

Durante o acto, o presidente da Apehl amosou a súa satisfacción por retomar esta iniciativa que, segundo asegurou, é esta vez máis necesaria ca nunca para dar “un impulso á hostalería durante este proceso de reactivación que estamos atravesando tras a pandemia. Debemos volver pouco a pouco a retomar certas costumes con respecto, pero sen medo”. 

O presidente da Apehl, Cheché Real, agradeceu a participación de todos e cada un dos establecementos participantes e destacou o esforzo que o seu traballo implica durante estes días de certame. 

FUNCIONAMENTO DO CONCURSO

Como vén sendo habitual, os prezos das tapas estarán entre 2 e 3 euros e poderanse degustar, como mínimo, de 13:00 a 15:30 h  e de 20:00 a 22:30 h.

Os consumidores votarán as tapas do concurso mediante o cupón de votación individual, que terá que ir selado polo establecemento correspondente e cuberto cos seus datos. A valoración é do 1 ao 5, sendo 1 a nota máis baixa e 5, a máis alta. Todos estes cupóns entrarán no sorteo de distintos premios, ceas e vales do Burela FS, do CB Breogán, do CD Lugo, do Emevé Lugo e do Ensino Lugo.

Ademais, todos os locais terán a disposición dos clientes os folletos-pasaporte, que os consumidores deberán selar para poder participar nos sorteos desta edición. Se o folleto-pasaporte está selado como mínimo por 10 establecementos participantes optarase á experiencia “Saborea a Costa da Morte”, que consistirá nunha estancia de dúas noites para dúas persoas e menú degustación, e se o folleto-pasaporte está selado como mínimo por 20 establecementos participantes optarase a unha viaxe dunha semana para dúas persoas a Gran Canaria. Real subliñou que “desta maneira os clientes non están obrigados a recorrer todos os establecementos e apostamos con estes premios por facer un chisco ao turismo nacional”.

 Cupóns de votación ata o 21 de novembro

O público será o encargado de seleccionar o gañador do concurso así como as 12 tapas finalistas. Farao a través dos cupóns de votación que poderá depositar ata o 21 de novembro nas urnas dispoñibles en todos os locais. 

Por outra banda, un xurado profesional encargarase de escoller durante os días da final, nos que as 12 tapas finalistas estarán nesta ocasión a disposición do público xeral, cinco títulos máis: primeiro premio, segundo premio, terceiro premio, mellor maridaxe Estrella Galicia e mellor maridaxe Ribeira Sacra. 

Cheché Real recordou que “o gañador seleccionado polo xurado profesional representará a provincia en todos aqueles concursos de tapas aos que sexamos convocados”.

LISTADO DE PARTICIPANTES

Os 38 establecementos que participan nesta edición do Concurso de Tapas de Lugo son os seguintes:

1. 3 Pés

2. A Adega 

3. A Paparota

4. Anda

5. Antas

6. As Landras

7. Bulló Xantar

8. Campos

9. Casa d´Auga

10. Eduri

11. El Boni 

12. El Dotmas Bar

13. El Riba

14. El Santuario de Magnus

15. España

16. Karrusel

17. La Cosechera 1977

18. La Terraza del Méndez

19. Las Cinco Vigas

20. Legends Café

21. Manuel Manuel

22. Mesón Colón

23. Mesón El Castillo

24. Nadela

25. O Castor

26. O Cincuenta e Seis

27. O Figón

28. O Mercado Casa de Comidas

29. Paprica

30. Parada 33

31. Portal 36

32. Pulpería O Castelo

33. San Marcos Café

34. Taberna Daniel

35. Tapería Tentación

36. Toni Portela

37. Tosar

38. Yaldara