Degustación sensorial da Deputación de Pontevedra co gallo do Día Europeo do Enoturismo


A Deputación abre este venres, 5 de novembro, o prazo de inscrición para participar na cata e degustación sensorial que organiza con motivo do Día Europeo do Enoturismo xunto á Ruta do Viño e en colaboración con Anfaco. As persoas interesadas en asistir á actividade, que terá lugar o 13 de novembro ás 18.30 horas na sala Rosalía de Castro da sede da Deputación en Vigo, poderán adquirir algunha das 35 prazas ofertadas aboando 12 € a través da web de Ataquilla.

A cata e degustación sensorial que promove a institución para celebrar o Día Europeo do Enoturismo trátase dunha novidosa iniciativa que levará ás persoas asistentes a coñecer o mundo dos viños da DO Rías Baixas a través dunha cata a cegas armonizda de queixos, pan, conservas da man de ANFACO e doces, espremendo ao máximo os cinco sentidos.