Degustación de Ternera Gallega na celebración do 50 aniversario do programa Mab


O deputado de Medio Ambiente da Deputación de Lugo, José Luis Raposo, participou na I Xornada de degustación da Tenreira Galega en San Román de Cervantes organizada polo ANPA do CPI Cervantes e a cooperativa A Carqueixa. A cita desenvolveuse no marco do programa de actividades da Deputación de Lugo con motivo do 50 aniversario do programa Home e Biosfera (Mab) da UNESCO, que promove e ampara as Reservas da Biosfera, e contou cunha axuda da institución provincial de 5.600€. No Polideportivo do centro educativo do concello ancarés tivo lugar tamén este sábado a IX Feira de Artesanía, polo que a xornada contou con obradoiros, mostras e diferentes actuacións.