A Taberna, A Vivariense e Jaleo, recoñedidos pola D.O. Ribeiro na súa X Gala


Nesta edición da Gala da D.O. Ribeiro os premios Mellor servizo de viño en restaurante será para A Taberna (Ourense); o de Mellor tenda especializada– vinoteca para A Vivariense (Viveiro), e o de Mellor taberna–bar de viños para Jaleo (A Coruña). Así o desvelou o presidente do Consello Regulador, Juan Casares, na presentación da Semana D.O. Ribeiro e a X Gala de entraga de galardóns.

Estes galardóns súmanse aos que recibirán Manuel Villanueva, director xeral de contidos de Mediaset España, que será recoñecido co Premio Persoeiro de Honra; a enóloga Almudena Alberca, primeira muller Master of Wine española e directora técnica de Entrecanales Domecq e Hijos, Premio Muller e Viño; a colleiteira Xulia Bande, Premio Vida entre Vides; o xornal dixital Campo Galego, Mellor labor de Comunicación, e a película Cuñados, Premio Ribeiro en Nós.

Ademais, na gala coñeceranse os mellores viños brancos e tintos, de adega e de colleiteiro, pertencentes á D.O. Ribeiro. O prato forte da semana será a X Gala dos Premios D.O. Ribeiro, guiada polo actor e monologuista Federico Pérez e a xornalista Montse Estévez. Durante o evento, con aforo para 347 persoas e estrito protocolo de seguridade sanitaria, contará cun photocall, unha actuación musical e a realización dun mural en directo. A gala finalizará cun viño institucional do C. R.D.O. Será o día 25, ás 19.00 horas, no Auditorio de Ourense. Nesa gala coñeceranse os mellores viños brancos e tintos, de adega e de colleiteiro, pertencentes a esta D.O.

Por outra banda e como actividades complementarias, ao longo da semana levarán a cabo escenas teatralizadas na rúa con actores da asociación cultural Platea Lúa por diferentes localizacións, así como unha acción especial en Instagram co nome de usuario @ peixes_ do_ ribeiro: Os # peixesdoribeiro estarán repartidos por diferentes localizacións das rúas da cidade e toda persoa que as atope durante esta semana obterá un agasallo o día 26, ás 13.00 horas, no Centro Cultural Ánxel Valente.